Friday 17 de May de 2024

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa en: A cabaza encantada + obradoiro de galletas monstrosas


Venres 8 de novembro, 18.00h. Casa da Cultura

Para o tempo dos magostos e o Samaín, o Concello programou unha obra teatral destinada a público familiar que, ademais, leva aparellado un obradoiro de cociña pensado para nenas e nenos de 4 anos en diante. A historia “A cabaza encantada” arranca cunha semente plantada polo cociñeiro Antón da que sae unha cabaza un tanto especial. É unha cabaza malencarada que chama polos defuntos, unha cabaza con vela dentro que dá moito medo… ou moita risa no medio das aventuras de Antón e a pasteleira Tomasa quen, ao remate da obra, lle ensinarán á rapazada a facer galletas de morcego, arañas de bruxa revirada e uns poucos mocos da Señora Loba. Todo para merendar e todo ben rico a pesar do nome. A obra representarase na Casa da Cultura con entrada gratuíta.